Antonio Lamas, comandante xurídico, encargado da investigación especial sobre o caso dos Anxos Operantes, tomou a palabra para informar á xunta do Alto Estado Maior. A medida que avanzaba no relatorio, ía a máis a tensión na sala. O comandante Lamas percibiuno non porque houbese acenos ou murmurios de desacougo […]